Khalid bin Abdul Aziz
Khalid bin Abdul Aziz (en árabe خالد بن عبد العزيز) tamén chamado Khaled ibn Abd Al-Aziz, nado o 13 de febreiro de 1913 e finado o 13 de xuño de 1982, foi o cuarto rei de Arabia Saudita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi designado príncipe herdeiro en 1965, despois de que o seu irmán Muhammad bin Abdul Aziz rexeitase o seu posto sucesorio. Subiu ó trono en 1975 tralo asasinato do seu medio-irmán Faysal bin Abdelaziz Al Saud. Nunca estivo demasiado interesado na política e o poder sobre o pais ostentouno de facto o seu medio-irmán Fahd. Home relativamente despreocupado e piadoso, coma moitos membros da Casa de Saud, morreu dun ataque ó corazón o 13 de xuño de 1982. Foi sucedido por Fahd.
Notábeis logros do seu reinado foron a elaboración do segundo "Plan Quinquenal" da historia de Arabia Saudita, que impulsou a mellora das infraestruturas e o sistema sanitario saudita. Tamén convocou moitos cumios internacionais e inaugurou o Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo en 1981.
O Aeroporto Internacional Rei Khalid, en Riyadh, e a Cidade Militar Rei Khalid foron renomeados no seu honor.
Precedido por: |
Reis de Arabia Saudita e Líderes da Casa de Saud |
Sucedido por: |